A cabeleira multilingüe
Anxo González Guerra | Chantadés
A cabeleira
(Fragmentos)
Eu nacín nun país verde fisterra que andou perdido gardando nas vacas.
Incerto fillo son das tribos camiñantes que soio pararon cando quedaron sin mundo.
Non teño outras raiceiras cás da espora nin outra patria habito cá do aire.
Síntome da caste daquiles pobos andantes que nunca se constituíron en estado.
O noso esprito coñeceu o abismo io sentido telúrico dos nosos eidos.
A nosa historia é a dunha xente que extraviou o norte e se confundiu cos bois.
Pero eu apañei o norte no medio da zarracina fluíndo sensualmente da cabeleira da lúa.
Ia inmensa cabeleira é unha enleada na que namais lle falo a quen eu quero.
(Tradución ao chantadés de Anxo González Guerra)
Lectura de Anxo González Guerra
(Recital en Pontevedra, 28/10/2024)